FESTIVAL DE CORAIS “SON DO VERÁN” 🎶
🎶 A música coral ponlle banda sonora ao final do verán en Pontecesures
O sábado 19 de setembro, a música será a protagonista en Pontecesures coa celebración do Festival de Corais “Son do Verán”, organizado pola A.C. e Coral Polifónica A Barcarola.
Unha tarde para gozar da música, do encontro e da cultura da man de tres formacións corais:
🎵 Rondalla Estrelecer de Fene
🎵 Coral Polifónica de Botos, Lalín
🎵 Coral Polifónica A Barcarola, Pontecesures
📅 19 de setembro de 2026
🕖 19:00 h
📍 Igrexa Parroquial de Pontecesures
Unha cita para compartir música e tradición e para seguir apoiando o importante labor das agrupacións culturais e musicais da nosa contorna.
🎼 Agardámosvos!
Data remate evento