๐๐๐ฅ๐ข๐ฉ๐ฌ๐ ๐ญ๐จ๐ญ๐๐ฅ ๐๐ ๐๐จ๐ฅ
O vindeiro 12 de agosto convidámoste a vivir un dos acontecementos astronómicos máis especiais das últimas décadas dende o Miradoiro do Galiñeiro, un lugar privilexiado para gozar da observación da eclipse total de Sol.
๐๐๐๐๐ฌ๐จ ๐๐จ ๐ฆ๐ข๐ซ๐๐๐จ๐ข๐ซ๐จ
• Non estará permitido o acceso en vehículo ata o miradoiro, agás para as persoas con mobilidade reducida que precisen achegarse en coche.
• Habilitaranse ๐ú๐๐ฌ ๐ณ๐จ๐ง๐๐ฌ ๐๐ ๐๐ฌ๐ญ๐๐๐ข๐จ๐ง๐๐ฆ๐๐ง๐ญ๐จ:
Explanada do Cemiterio Municipal de Condide (aprox. 12 minutos a pé).
Campo da Festa de Carreiras (aprox. 25 minutos a pé).
๐๐๐ฆ๐๐ซ๐ ๐จ๐๐ฌ๐๐ซ๐ฏ๐๐ซ ๐จ ๐๐๐ฅ๐ข๐ฉ๐ฌ๐ ๐๐จ๐ง ๐ฌ๐๐ ๐ฎ๐ซ๐ข๐๐๐๐
• Utiliza exclusivamente gafas homologadas para observación solar (ISO 12312-2).
• Nunca mires directamente ao Sol sen protección nin empregues lentes de sol, radiografías ou outros métodos non certificados.
• Non observes a eclipse con prismáticos, telescopios ou cámaras sen filtros solares específicos, xa que poden causar lesións oculares graves.
Data remate evento