Ir o contido principal
     
Venres 3 de xullo a partir das 21:30
Pontecesures

FESTAS DO CARMEN 2026

Festas do Carmen 2026: catro días para vivir Pontecesures

Do 3 ao 6 de xullo, Pontecesures volverá encherse de música, tradición e ambiente festivo coa celebración das Festas do Carmen 2026, un programa pensado para que veciños, veciñas e visitantes de todas as idades gocen dun dos eventos máis esperados do verán.

As festas arrancarán o venres co V Torneo de Fútbol Sala e as actuacións de Habelas Hainas e Xosé Lois Romero e Aliboria. O sábado será a quenda dunha gran noite de verbena coa música de Os Satélites e Grupo Máster.

O domingo, día grande na honra da Virxe do Carmen, combinará a tradición co lecer: pasarrúas de TRÓPICO DE GRELOS, misa solemne, desfile valeiro e procesión, acompañados pola música e rematando cun espectáculo pirotécnico e unha das actuacións máis agardadas das festas, a orquestra París de Noia, seguida da sesión de DJ Iván e DJ Chito.

O luns, festividade de San Antón, haberá actividades para toda a familia, con pasarrúas da AC XARANDEIRA, misa solemne, festa infantil con inchables e obradoiros, antes de poñer o broche final ás celebracións coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, unha proposta especialmente pensada para o público familiar.

Un programa variado que une tradición, cultura, música en directo e actividades para todas e todos, facendo das Festas do Carmen 2026 unha cita imprescindible para compartir en familia e entre amizades. Pontecesures agárdate para vivir catro días cheos de festa, convivencia e diversión.

Data remate evento