CAMPAMENTOS DE VERÁN 2026 DO CONCELLO DE PONTECESURES
Obxecto
O Concello de Pontecesures pon en marcha o Campamento de Conciliación de Verán 2026 para promover a igualdade, a corresponsabilidade e a socialización entre participantes así como ofrecer ás familias a posibilidade de compaxinar a vida familiar e laboral.O fomento da igualdade de xénero é unha prioridade no campamento, xunto coa eliminación das desigualdades e a integración dos colectivos en risco de exclusión social. Abordaranse estes temas desde diferentes puntos de vista e con actividades transversais e específicas.
Destinatarios
O campamento de conciliación está destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (ambas incluídas).
Documento
Documento
SOLICITUDE_DE_INSCRICIÓN_VERÁN_2026.docx
(1.04 MB)
Data da publicación