ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA CUBRIR UN POSTO DE CONSERXE

O Concello de Pontecesures ven de recibir da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención para a contratación durante 9 meses dunha persoa moza de entre 18 a 29 anos, desempregada que estea inscrita no Sistema Nacional de Garantia Xuvenil.
A tal fin, para participar no proceso selectivo deberán, ademais do requisito anterior de idade ademais de estar inscrito no Sistema Nacional de Garantia Xuvenil, deberán solicitar a inscrición no Servizo Galego de Colocación, na oficina de emprego, no código da ocupación que se oferta (conserxe), que ten o código CNO 94311020.
Nuns dias a oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa nos remitirá os CVs dos aspirantes, para realizar posteriormente con eles no concello un proceso selectivo, e contratar a unha persoa polos 9 meses subvencionados.
Achegamos as bases que van rexer o proceso selectivo: