Ir o contido principal
APERTURA DE PRAZO PARA A SOLICITAR PARTICIPAR EN PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA PARA CUBRIR VACANTES NOS POSTOS DE ADMINISTRATIVO DESTE CONCELLO

ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CREACION DUNHA BOLSA DE CONTRATACIONS TEMPORAIS PARA CUBRIR VACANTES NOS POSTOS DE ADMINISTRATIVOS

A Relación de Postos de Traballo do Concello de Pontecesures, que se aprobou definitivamente o 27.06.2020 (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, núm.: 167, do 31.08.2020), existen dous postos de ADMINISTRATIVO da Escala de Administración Xeral, Sub escala Auxiliar. 

A finais de 2023 constituírase unha bolsa da mesma categoría para atender baixas e xubilacións. O 13.09.2026, un dos funcionarios interinos do Concello iniciou unha situación de incapacidade temporal (IT), que se prevé que se prolongue durante varias semanas. Durante o mes de outubro de 2026 realizouse un chamamento ás persoas aspirantes incluídas na devandita bolsa para cubrir a baixa, pero esta non puido cubrirse debido ao rexeitamento de todas elas. En consecuencia, o Concello non dispón actualmente de persoas aspirantes na bolsa para atender esta necesidade.

 

Por todo o exposto, resulta necesario iniciar o procedemento para cubrir transitoriamente un posto de ADMINISTRATIVO/A, mediante un concurso-oposición libre e dotar ao concello dunha lista de agarda para a cobertura temporal nos casos previstos no artigo 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

 

Adxuntamos as bases que rexerán este proceso selectivo, e os correspondentes anexos que deberán presentar as persoas aspirantes.

 

O prazo de  presentación das instancias e demais documentación 10 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación do anuncio no BOPPO: do sábado 28.11.2026 ate o luns 14.12.2026 (ambos incluídos).

 

Documento
ANEXO I.pdf (41.98 KB)
Documento
ANEXO II.pdf (20.03 KB)

 

Data da publicación